Desde 1977, EROSKI foi pioneira no mercado español en comercializar produtos de marca propia. No exercicio 2005 procedemos a denominala EROSKI e o seu desenvolvemento foi unha das estratexias que marcou o exercicio 2005-2006. A nosa aposta deu como resultado a renovación de máis de 3.000 referencias permanentes en alimentación e non alimentación.
Diferéncianos a oferta de produtos frescos, cunha calidade e presentación que nos fai especialistas da categoría. EROSKI Natur pon a disposición do cliente carnes, verduras e froitas con garantías de orixe e sabor, asegurando unha trazabilidade total desde a orixe ata o punto de venda. As marcas Romester (de material deportivo), Visto Bueno (de produtos téxtiles) e Ecron (de electrodomésticos, imaxe e son) completan a venda exclusiva nos nosos establecementos.
EROSKI Maestro nace en 2005 para substituír á marca CONSUMER Maestros Jamoneros. Trátase de produtos de calidade superior dentro da sección de chacinería, compostos de mellor materia prima e cun método de elaboración máis artesanal.
A marca conta con produtos cárnicos como: xamón do país con 14 meses de curación, xamón cocido lentamente, xamón asado á leña, chourizo cular, chourizo de Salamanca, paleta de Teruel, peituga de pavo natural asada e o que se acaba de incorporar salchichón cular. A esta gama, engadíronse en 2006 queixos dunha soa variedade de leite como o rulo de cabra, semicurado de cabra e semicurado de ovella; ou queixos con mesturas de leite máis cualificadas nas súas distintas curacións: semicurado, curado e vello.
| 2004 | 2005 | Variación 2006 | |
|---|---|---|---|
| Gama alimentación | 865 | 889 | 2,7% |
| Gama bazar Gama electrodomésticos Gama frescos |
1.972 | 2.262 | 14,7% |
| Gama téxtil | 934 | 304 | -67% |
Seccións da Memoria