A marca EROSKI inclúe unha garantía dobremente testada de calidade e seguridade alimentaria. Ademais, os nosos compromisos co medio ambiente e diferentes inquietudes sociais quedan plasmados na ampla gama que ofertamos, información que se amplía ao final deste capítulo e no seguinte.
Para iso, o noso Departamento de Calidade e Medio Ambiente dispón dun exhaustivo programa de aseguramento, desde a explotación ata o punto de venda. Dito programa apóiase no noso laboratorio, acreditado por ENAC, e unha rede de auditores, tanto internos coma externos.
Anualmente realízanse máis de 10.000 análises e máis de 1.400 inspeccións a máis de 150 produtos para a revista Consumer EROSKI.
Para asegurar que os nosos produtos frescos EROSKI Natur cumpren as máis rigorosas esixencias de calidade, orixe e sabor, desde o Departamento de Calidade leváronse a cabo en 2005 un total de 1.162 auditorías e inspeccións nas explotacións e centros de produción. Ademais destes controis periódicos, deben pasar unha auditoría inicial de homologación para garantir a trazabilidade dos produtos, o cumprimento da normativa técnico-sanitaria, a aplicación dun sistema de produción natural e resto de requisitos específicos.
| 2005 | 2006 | ||
|---|---|---|---|
| Nº inspeccións (auditorías e controis de calidade) | Laboratorio | 268 | 360 |
| A provedores EROSKI Natur | 1.162 | 1.147 | |
| Nº análises | Laboratorio | 7.887 | 7.442 |
| Provedores EROSKI Natur | 3.687 | 3.3374 |
O noso Departamento de Calidade e Medio Ambiente dispón dun exhaustivo programa de aseguramento, desde a explotación ata o punto de venda.
O servizo das plataformas ás tendas é un proceso crítico dentro de noso GRUPO. Este ano consolidamos a garantía de calidade de dúas seccións clave, froita e carne, o que permitiu estender a «calidade concertada» que elimina actividades improdutivas das tendas, ademais de mellorar os niveis de calidade do produto servido. En 2006 seguimos afinando os nosos procesos operativos, os nosos sistemas de información e a colaboración cos provedores para ter cada vez unha mellor trazabilidade. Destacan especialmente os avances na sección de carnicería.
O laboratorio dispón de tres unidades analíticas dedicadas a comprobar o cumprimento dos parámetros lexislados e emitir veredictos sobre a súa calidade. A unidade Química obtén datos de calidade e presenza de substancias indesexables. A Microbiolóxica estuda a posible contaminación por patóxenos e a Xenética comproba aspectos de autenticidade (orixe) e seguridade alimentaria.
O programa de traballo céntrase en tres grandes áreas: análise de produto (para o lanzamento de novos e o seguimento dos existentes), análises horizontais (para comprobar determinadas contaminacións cruzadas) e campañas (controis microbiolóxicos, presenza de patóxenos, autenticación de alimentos, presenza de glute, etc.). Así mesmo, poden xurdir temas puntuais debidos a alertas alimentarias.
Os principais clientes son os Departamentos de Marcas Propias, que supuxeron o 73,3% da actividade en 2006.
No ámbito da investigación xenética para distinción de especies, o noso laboratorio dispón de acordos coa Universidade de País Vasco para peixe e coa Universidade Autónoma de Madrid no caso das aves. Dispoñemos dun convenio coas empresas Ikerlan, Gaiker e Ulma para mellorar os sistemas de envasado e de control de calidade da carne. Traballamos co Observatorio de Seguridade Alimentaria de Barcelona para trasladar ao consumidor información sobre seguridade alimentaria.
| Clientes | 2005 | 2006 |
|---|---|---|
| Marcas propias frescos | 34,6 % | 39,2% |
| Marcas propias alimentación | 37,6% | 33,6% |
| Compras | 2,4% | 11,2% |
| Negocios | 17,6% | 9,0% |
| Revista | 4,7% | 3,1% |
| Reclamacións | 0,9% | 2,0% |
| Calidade de produto | 1,5% | 1,5% |
| Marcas propias non alimentación | 0,6% | 0,5% |
| Sistema de Calidade | 0,1% | |
| Total nº mostras analizadas | 7.887 | 7.442 |
| Programa | 2005 | 2006 |
|---|---|---|
| Seguimiento Marcas propias | 14,3% | 24,1% |
| Campañas frescura | 33,8% | 21,0% |
| Campañas patóxenos | 15,5% | 12,8% |
| Estudos de capacidade | 2,9% | 9,8% |
| Lanzamento marcas propias | 13,8% | 9,7% |
| Alérxenos | 0,5% | 4,4% |
| Manipulados en tenda | 0% | 3,6% |
| Comparativos | 4,8% | 3,1% |
| Transxénicos | 4,0% | 2,1% |
| Reclamacións | 0,9% | 1,9% |
| Provedores locais | 0% | 1,9% |
| Non programado | 1,8% | 1,0% |
| Hixiene plataformas | 0,1% | 1,0% |
| Vitaminas | 0,6% | 0,9% |
| Identificación especies | 0,5% | 0,8% |
| Alertas alimentarias | 0% | 0,6% |
| Interlaboratorios | 0,5% | 0,5% |
| Fibra | 0,4% | 0,4% |
| Comida preparada | 0,3% | 0,3% |
| Concursos rexionais | 0,7% | 0,1% |
| Auditor?as | 0% | 0,0% |
A información é vital para a toma de decisións. Neste sentido, os produtos de marca propia inclúen a súas especificidades en envases, etiquetas e folletos informativos, contribuíndo a que o consumidor poida formar un criterio á hora de elixir. Todos os nosos produtos informan do provedor e EROSKI Natur, ademais, incorpora información sobre a orixe.
Como novidade neste período, en 2005 aseguramos a identificación dos compoñentes alérxenos en marca propia, con información no etiquetado.
En 2005, o Departamento de Calidade realizou 1.162 auditorías e inspeccións para asegurar que os produtos EROSKI Natur cumpren as máis rigorosas exixencias de calidade.
Seccións da Memoria