Non só buscamos un «bo» prezo. Sabemos que os consumidores teñen necesidades e sensibilidades específicas, que evolucionan e cambian co tempo. As diferentes canles que nos permiten pulsar novas demandas posibilítanos adaptarnos ás novas necesidades e sensibilidades dos consumidores incorporando melloras á nosa gama de produtos.
A nosa política cos alimentos ecolóxicos foi premiada en 2006 co prestixioso galardón Ecogourmets.
Neste sentido, conscientes da preocupación pola saúde, durante 2005 incluímos no etiquetado dos produtos EROSKI información para alérxicos, teléfono de contacto e unha actualización dos textos de carácter nutricional. Así mesmo, desde setembro de 2006, encóntranse a disposición do consumidor referencias de produtos de marca propia EROSKI aptos para celíacos, o que significa un control permanente por parte de EROSKI para garantir a ausencia de glute nos produtos. Identificados como tal, son máis de 293 referencias en alimentación, 57 en frescos e 5 en comida preparada.
Ademais, a sensibilidade ambiental do consumidor levounos a ampliar a nosa oferta con produtos de hixiene persoal testados sen efectuar experimentos con animais ou conservas vexetais ecolóxicas (estas últimas por demanda expresa).
| 2006* | |
|---|---|
| Marca propia | 6 |
| Frescos | 6 |
| Alimentación | 8 |
* Datos correspondentes ao final do exercicio
O noso compromiso co medio ambiente tamén queda patente na nova gama EROSKI Garden de moble de xardín con certificación ambiental FSC, que identifica aos produtos fabricados con madeira procedente dunha explotación forestal sostible (máis información en: www.fsc-spain.org). En cumprimento da nosa política de incorporación de produtos responsables na cesta da compra, en 10 anos pretendemos que toda a liña de papelería e fogar sexa de orixe sostible.
El FSC (Forest Stewardship Council) promueve una gestión forestal ambientalmente responsable y económicamente viable en los bosques de todo el mundo.
A marca Ecron, de venda exclusiva en hipermercados EROSKI e de gran atractivo para o consumidor, conta na súa gama con todo tipo de electrodomésticos Clase A que permiten ao usuario equipar o seu fogar dunha maneira económica e ecolóxica.
A nosa marca EROSKI Natur, ademais de asegurar orixe e sabor, tamén é sometida a controis en relación con esixencias ambientais como o reciclado de plásticos de invernadoiro e de envases de tratamento, limitación do uso de fitosanitarios, regulación das cantidades de nitratos o a prohibición de uso de pensos medicamentados para produtos cárnicos.
| % produtos EROSKI Natur que inclúen criterios ambientais | 2004 | 2004 | 2006 |
|---|---|---|---|
| Froita e verdura EROSKI Natur | 23,6 | 28,29 | 29,61 |
| Carne EROSKI Natur | 33,8 | 23,52 | 16,60 |
Garantimos que a marca EROSKI non contén transxénicos. Para o cumprimento deste compromiso, dispoñemos dun programa de traballo que controla a ausencia de organismos xeneticamente modificados (OGM). Entidades externas como a Administración ou organizacións non gobernamentais realizan controis cegos a produtos da nosa marca, que ata o día de hoxe deron positivo moi excepcionalmente, polo que poderiamos aventurar que os nosos controis poden asumirse como un método disuasorio que potencia o bo facer dos provedores cos que colaboramos.
Por outro lado, a política do GRUPO EROSKI, respecto a outros produtos non pertencentes á súa marca, céntrase en exixir que se cumpra a normativa europea referente a etiquetado e trazabilidade (Regulamento N.º 1830/2003).
| 2005 | 2006 | |
|---|---|---|
| Nº análises de OGM | 315 | 155 |
A organización de produtores de comercio xusto asegura que os seus membros protexen o medio ambiente natural a través dunha serie de normas:
Cada vez son máis os consumidores que piden garantías sobre a orixe e as condicións de produción das súas compras. Neste senso, o selo Fairtrade de Comercio Xusto nace coa intención de avalar estes produtos (máis información en www.fairtrade.net).
Este selo é a garantía de que o artigo que o porta cumpre os criterios internacionais de comercio xusto: salarios dignos, respecto dos dereitos laborais dos traballadores e protección do medio ambiente, ademais de destinar os investimentos a mellorar as condicións sociais das organizacións produtoras. Grazas a este comercio alternativo, millóns de persoas dos países do Sur poden vivir de forma digna e garantir un futuro para os seus fillos.
Precisamente, asinamos coa Asociación do Selo de Comercio Xusto un acordo de colaboración para difundir a presenza do selo Fairtrade nestes produtos solidarios, que xa podemos encontrar nos hipermercados EROSKI. En 2006 púxose en marcha a 5.ª campaña, que permitiu aumentar a vendas de produtos de comercio xusto un 65%.
| 2005 | 2006 | |
|---|---|---|
| Facturación neta produtos comercio xusto | 164.609,67 euros | 271.943,98 euros |
| % sobre total vendas netas | 0,003% | 0,004% |
| Facturación neta Crema de Cacao | 15.842,64 euros | 16.156,80 euros |
| Facturación neta Cacao Instantáneo | 22.728,60 euros | 25.166,52 euros |
| Facturación neta Café Moído Natural 10 | 94.631,28 euros | 202.504,56 euros |
| Facturación neta Mascao Leite Orgánico | 8.075,25 euros | 6.131,00 euros |
| Facturación neta Mascao Pura Leite | 10.974,00 euros | 7.502,00 euros |
| Facturación neta Choc. Pó Cunca Afrikao | 12.357,90 euros | 14.483,10 euros |
Durante 2005 tamén lanzamos dous xoguetes «socialmente responsables», concretamente dous crebacabezas EDUCA, converténdonos así na primeira empresa en crear un produto no que os seus fabricantes se comprometen cos dereitos humanos dos traballadores, o que garante a prohibición do traballo infantil, o traballo forzoso e a discriminación, ademais de esixir uns requisitos en materia de seguridade e hixiene, horario de traballo e remuneración en todos os provedores que interveñen na súa produción.
Ademais de identificar o produto como tal a través dun distintivo, toda esta información aparece no dorso e foi trasladada ao consumidor na campaña de promoción informativa.
Seccións da Memoria