Fomos adaptando os diferentes negocios á entrada das novas tecnoloxías, ampliando o alcance da compra on-line en supermercados, contratación de seguros e o negociado de viaxes.
O supermercado online permite acceder a todas as vantaxes de prezo e calidade sen moverse de casa, coa posibilidade de devolver o produto e elixir franxa horaria de entrega.
El supermercado online permite acceder a todas las ventajes de precio y calidad sin moverse de casa, con la posibilidad de devolver el producto y elegir franja horaria de entrega.
Cinco anos de crecente actividade no País Vasco, Navarra, A Rioxa, Cantabria e Asturias xustifican a extensión da compra online de GRUPO EROSKI a novas zonas da xeografía española. En 2005 estendemos o servizo a Guipúscoa, Santander, Logroño, Oviedo e Xixón.
En 2006 os clientes de EROSKI/center SYP de Mallorca e os consumidores de Málaga comezaron a aproveitarse das vantaxes que ofrece a compra online e a empregar esta canle para adquirir, sen saír da casa e nun tempo de marca, todos os produtos habituais que se poden atopar nun supermercado.
Ao redor de 7.000 artigos e marcas de compra para o fogar póñense á venda en EROSKI/online, unha web preparada para que navegar, seleccionar e mercar produtos resulte moi fácil e intuitivo. GRUPO EROSKI mantén nesta canle de venda por Internet a política comercial da súa rede de tendas físicas: prezo competitivo e garantía de calidade dos seus produtos e do seu servizo, poñendo un especial énfase nas seccións de alimentos frescos. Destaca tamén o GRUPO de produtos Ahorro Récord, artigos fundamentais na cesta da compra, pero cos prezos permanentes máis baixos do mercado.
Unha das particularidades do supermercado on-line de EROSKI que máis aprecian os nosos clientes é que a compra non se cobra ata que os pedidos se encontran no domicilio, unha vez que o cliente amosa a súa conformidade co contido e asina a súa aceptación.

| 2005 | 2006 | |
|---|---|---|
| Zonas (provincias) | 7 | 8 |
Sabedores de que moitos clientes formalizan as súas consultas e compras por esta vía, tamén ofrecemos propostas de viaxes a través de Internet. O novo modelo de oficina de viaxes permite a venda interactiva e a construción de paquetes vacacionais a medida. Para maior comodidade, ademais, ofrecemos a contratación on-line de seguros.
| 2005 | 2006 | Valoración 2006 | |
|---|---|---|---|
| % vendas EROSKI/online (sobre total vendas supermercados) | 1,29 | 1,64 | +0,35% |
Seccións da Memoria