A nosa vocación es ti
3.2 Diversidade, proximidade e crecemento
3.2.1 Actividades de EROSKI
A nosa actividade é a distribución de produtos e servizos, respondendo ás necesidades do cliente cunha rede multiformato de 1.790 tendas e unha ampla gama que se adapta á evolución dos costumes de consumo e estilos de vida.
Así, ao longo dos últimos anos desenvolvemos negocios complementarios á distribución alimentaria como son axencias de viaxes, tendas de ocio e deporte, perfumerías, gasolineiras, ópticas, venda inmobiliaria, de seguros, produtos financeiros e envío de remesas (Espacio Soluciones) ou tendas de ocio e cultura.
Enseñas de GRUPO EROSKI
- Distribución alimentaria: os diferentes formatos dos nosos establecementos (hipermercados, supermercados e autoservizos franquiciados) abarcan unha gran diversidade de oferta e permítennos estar presentes en centros comerciais, cabeceiras de comarca, grandes centros urbanos e poboacións de tamaño medio.
- Negocios de diversificación: en liña coas novas tendencias e necesidades do consumidor, GRUPO EROSKI posicionouse en liñas de negocio como viaxes (EROSKI/viajes), perfumerías (If), deporte (Forum), ocio e cultura (Abac), distribución de produtos destinados á hostalería, restauración e catering (ServiHostel), inmobiliaria (EROSKI/inmobiliaria), gasolineiras (EROSKI gasolinera), ópticas (EROSKI/óptica), produtos financeiros ou seguros (Espacio Soluciones). Os catro últimos son servizos para os clientes das nosas grandes superficies.
- Plataformas loxísticas: centros propios de distribución.
- Promoción de centros comerciais: realizamos o deseño, construción e promoción de parques e centros comerciais.