Dentro do Plan Estratéxico 2005-2008, o fomento da participación dos consumidores é un dos retos de EROSKI e isto demanda novos canles de relación e comunicación que se somen aos xa existentes, coa vontade de reforzalos e revitalizarlos.
Co obxectivo de incorporar a sensibilidade do consumidor naquelas decisións que poden afectarlle e, deste xeito, facerlle partícipe do proxecto e os valores de EROSKI, en mayo e xuño de 2006 leváronse a cabo os primeiros Focos de Participación.
Dedicados a recopilar información sobre os frescos de EROSKI, foron tres os aspectos analizados; e estas, as opinións e respostas:
| O consumidor opina | EROSKI responde | |
|---|---|---|
| Variedade de produto | Maior variedade de produtos frescos, especialmente da marca EROSKI Natur. Promocionar máis o produto local. | EROSKI lanza durante 2006 novos produtos frescos EROSKI Natur nas seccións de carne, frutería e charcutería. Ademais, tamén inclúe unha nova gama de produtos sen gluten, aptos para celíacos, e un novo surtido de produto Solución fresca. |
| Modo de venda | Maior variedade de envases (tamaños e tipos) e coidado dos cortes de produto, tanto en carne como en peixe. | EROSKI incorpora novos formatos de venda de produto, aumentando as variedades de tamaño das porcións e creando o formato individual. Ademais, lanza unha nova gama de corte de produto, tanto en carne como en peixe. |
| Información de producto | Máis claridade nas etiquetas de produto, aumentando o seu tamaño e a información que inclúen. | EROSKI incorpora maior información no etiquetado das súas carnes sobre o seu uso culinario e os cortes defi niños. Prevese un aumento xeral de tamaño das etiquetas. A de pastelería xa é 2 cm maior que a habitual. |
Seccións da Memoria