Ir ao contido

Memoria Responsabilidade Social 2005-2006 FUNDACIÓN EROSKI

Menú de descarga da memoria en pdf

Descargar memoria en pdf

Menú de selección de idioma

Indicación da localización do contido

CARTA DO PRESIDENTE

Opcións de visualización e imprimir

  • Enviar a outra persoa
Constan Dacosta Simón

No actual entorno do pensamento económico medra a corrente que afirma a necesidade de que a empresa xunte de maneira inseparable crecemento económico con responsabilidade social e con respecto medioambiental. Dun xeito efectivo, non só teórico, integrando na propia conta de resultados o efecto de tres variables tradicionalmente disociadas, aínda que realmente afectadas polas decisións diarias da empresa.

Esta orientación xurde nun tempo nos que o cidadán identifica á empresa como axente principal e implicado en resolver os retos sociais e medioambientais aos que se enfronta a comunidade. Para moitos a empresa é un suxeito social que contrae obrigas coa sociedade, máis alá da creación de riqueza. Deste papel derívanse esixencias éticas e o compromiso de contribuír ao progreso e ao benestar da comunidade á que pertence.

Esta orientación motiva apelacións ao mundo empresarial desde a OCDE ou desde Nacións Unidas, a través do seu Secretario Xeral, para asumir protagonismo na xestión do social e medioambiental de forma voluntaria. A través destas iniciativas vaise conformando na empresa o concepto de responsabilidade empresarial, unha instancia que debe integrar os intereses e facilitar a participación de diferentes partes interesadas nas súas decisións. Prodúcese entón a porosidade da empresa. A transversalidade, entendida como planeamento horizontal que integra diferentes aspectos de forma ascendente e descendente xuntando sensibilidades e responsabilizándose de retos e situacións antes afastados. Únense así os eixes responsabilidade-participación-transparencia e sustentabilidade toda vez que a integración de expectativas xera un valor económico social e medioambiental que fai á empresa sostible.

Para EROSKI a responsabilidade social é un precepto recollido e definido na nosa misión empresarial e ao que pretendemos dotar de coherencia e transversalidade. Por coherencia con este postulado procuramos adoptar as nosas decisións aplicando un compromiso de escoita e participación ás nosas partes interesadas. E exercemos a transversalidade, asegurando que esa cultura empape a toda a organización e que se vexa reflectida nos plans anuais do Grupo, a través de estratexias e políticas integradoras.

Ese compromiso xustifica esta Memoria de Responsabilidade Social. Pretendemos que sexa reflexo da transparencia e da apertura ás nosas partes interesadas. Para iso, acudimos a un grupo de expertos externos, sometémonos ao seu xuízo e cuxo ditame recolle esta Memoria. A través da metodoloxía de verificación ISAE 3000, a nosa información cualitativa e os datos aportados reflicten de maneira fidedigna a xestión que facemos en toda a organización da responsabilidade social. A metodoloxía seguida é a considerada máis homologada e homologable no ámbito internacional, o Global Reporting Iniciative na súa terceira versión (G3), alcanzando a cualificación A+, a máxima posible en canto á extensión e calidade da información.

Sentímonos unha empresa transparente e conectada coas inquietudes da comunidade. Que mantén canles abertos permanentes con traballadores, consumidores, clientes, terceiro sector, universidades, Administracións Públicas e medios de comunicación. Esta Memoria de Responsabilidade Social amosa o balance desas prácticas, ao tempo que é un medio de expresión máis desa transparencia.

Pese á favorable evolución que ofrece esta Memoria, estamos lonxe de sentirmos conformes cos nosos resultados. Non nos faltan melloras que acometer, nin retos que superar. Os consumidores pídennos un maior compromiso co seu benestar e información máis precisa sobre as nosas políticas e produtos. Algunhas organizacións sociais ínstannos con firmeza a ir máis alá no noso compromiso co medio ambiente. Ademais, temos os nosos propios retos internos. Por aquilo da coherencia, á que antes facía referencia, estamos resoltos a reforzar a participación efectiva dos traballadores na súa tarefa diaria, moi cerca do tradicional concepto de autoxestión; tamén nos propoñemos articular a escoita activa dos consumidores a través dunha nova e potente fórmula de participación cidadá.

O noso compromiso coa sustentabilidade deste proxecto que se chama EROSKI esíxenos fixar obxectivos máis ambiciosos de mellora, a fin de optimizar a xeración de valor alí onde esteamos. E os avances destes propósitos serán materia para a nosa seguinte Memoria de Responsabilidade Social.

Seccións da Memoria

Menú con outros recursos desta páxina