O Plan de Voluntariado Corporativo configúrase como a resposta eficaz para aqueles traballadores e socios-amigos comprometidos cos problemas sociais.
A educación en valores fainos medrar como persoas, elemento clave dentro da política de formación de EROSKI. Neste sentido, o Plan de Voluntariado Corporativo, dirixido a todos os traballadores e aos socios-amigos de FUNDACIÓN EROSKI, configúrase como a resposta eficaz para aquelas persoas comprometidas cos problemas sociais.

Esta iniciativa, promovida por Idea Sa EROSKI e posta en marcha no verán de 2005, pretende converterse nunha canle de mediación para establecer relacións máis fortes entre os clientes, os traballadores e as ONG coas que colaboramos. Grazas a este programa solidario, os socios-amigos e traballadores que o desexen poden compartir as súas vacacións cos máis necesitados, visitando in situ algúns dos diferentes proxectos desenvoltos polas ONG coas que colaboramos habitualmente.
A FUNDACIÓN EROSKI asume os custes da viaxe dos seleccionados para o voluntariado solidario e a estancia corre por conta das ONG coas que colaboramos.
En 2005, dúas traballadoras colaboraron durante as súas vacacións estivais en Perú coa ONG Federación Nenos do Mundo. En 2006, nove traballadores e socios-amigos de FUNDACIÓN puideron dedicar tres semanas do período vacacional ao voluntariado solidario.
A partir de 2007, ampliamos o Programa de Voluntariado solidario con outro de carácter ambiental. Os nosos traballadores terán a posibilidade de traballar en colaboración coa organización conservacionista SEO/BirdLife durante o período de descanso vacacional de Semana Santa ou no verán (cunha duración de entre unha e dúas semanas) en espazos naturais de alta calidade ambiental:
Seccións da Memoria