A formación, como ferramenta para fomentar a creación de emprego e o desenvolvemento persoal dos nosos traballadores, é unha prioridade permanente.
Os diagnósticos de necesidades formativas e os plans de formación personalizados realízanse a partir dunha clasificación dos postos de traballo a cargo do Comité de Valoración de Postos de Traballo.
No período 2005-2006, os nosos programas formativos en materia de Prevención de Riscos Laborais, Coñecementos para o Desenvolvemento Óptimo do Posto de Traballo, Formación Corporativa e Formación para a Mellora Continua resultaron ser unha valiosa ferramenta de capacitación para os nosos empregados.
En 2005 dedicamos 343.950 horas a formación, mentres que en 2006 empregamos 367.753. Ademais dos manuais e o proceso de acollida para novas incorporacións (que dura unha semana), o investimento orientouse a mellorar os coñecementos e habilidades, tanto profesionais como persoais, destacando:
En hipermercados todo o cadro de persoal iniciou en 2005 un plan de formación de dous anos sobre atención ao cliente con 35.000 horas impartidas.
| 2005 | 2006 | |
|---|---|---|
| Total de horas | 343.950 | 367.753 |
| Resultados | 2006 |
|---|---|
| Total horas | 27.215 |
| N¼ de empregados formados | 1.952 |
| Categoría | Resultados | 2006 |
|---|---|---|
| Todas | Total horas | 58.011 |
| Total custo | 828.234 euros | |
| Directores e titulados superiores | Total horas | 7.838 |
| Total coste | 224.599 euros | |
| Técnicos e titulados medios | Total horas | 14.883,2 |
| Total coste | 145.800 euros | |
| Administrativos e asalariados | Total horas | 9.921 |
| Total coste | 97.620 euros |
Inclúe custo formación sociolaboral
O Programa Liderado xurdiu desde a necesidade de implicar directamente aos directivos e mandos como impulsores das políticas de xestión de persoas. O programa estivo centrado na consolidación de actitudes e prácticas de actuación, empregando ferramentas que facilitan as relacións e permitan exercer influencia sen recorrer ao estatus profesional.
Tras dous anos de andadura, finalizamos en 2005 cuns resultados que falan por si mesmos: 2.219 mandos formados, 51.970 horas impartidas, 2.200 autodiagnósticos sobre a situación da empresa, 6.000 achegas de mellora e 60 directivos e 200 xestores valorados polos seus colaboradores.
Na actualidade, o programa encóntrase en plena fase de expansión en Viaxes, Sociedades de Supermercados, Hipermercados de Erosmer, Plataformas e Sede de EROSKI S. Coop.
Consideramos que a participación efectiva dos traballadores é o mellor camiño para a eficiencia no posto de traballo, aumentando así a súa satisfacción. Nos próximos catro anos propoñémonos desenvolver e xeralizar este modelo de xestión participativa nos centros e áreas do negocio de supermercados do GRUPO EROSKI. Para iso, desenvolvemos o Programa PARET (Participación Efectiva no Traballo) co obxectivo de achegar o poder de decisión alí onde se produce a relación co cliente, implicando aos equipos do punto de venda en todas aquelas variables que maximizan a experiencia de compra e nos permiten ser recoñecidos como unha empresa de referencia.
Para que a participación sexa algo estrutural e non puntual temos previsto:
Actualmente o Programa implantouse en seis hipermercados e 23 supermercados. Durante 2006 traballaron directamente case 1.000 persoas no desenvolvemento do programa, dedicando cerca de 7.000 horas.
As avaliacións do desempeño permítennos pulsar o éxito dos nosos esforzos en materia de formación e capacitación. Realízanse a máis do 90% do cadro de persoal de forma anual a través dunha enquisa personalizada que, ademais de medir o rendemento persoal e profesional das persoas, permítenos consensuar obxectivos e recoller suxestións.
A nosa cultura de promoción interna tamén nos leva a investir en procesos formativos de reforzo, o que permitiu que máis da metade dos postos vacantes se cubriran internamente.
Seccións da Memoria