Diálogo e cooperación coa comunidade
8.1 A solidariedade en EROSKI
8.1.1 Enfoque de gestión
Como seguidores das pautas da Organización de Nacións Unidas, o Programa de Solidariedade de FUNDACIÓN EROSKI enmarcarase nos obxectivos que aprobaron na súa Declaración de Obxectivos do Milenio 2015, que foi proclamada no ano 2000. Así, desenvolvemos programas encamiñados a acabar coa débeda externa de países desfavorecidos, organizar unha estrutura de comercio internacional equilibrado e prestar axuda ao desenvolvemento.
Os diagnósticos de necesidades formativas e os plans de formación personalizados realízanse a partir dunha clasificación dos postos de traballo a cargo do Comité de Valoración de postos de traballo.
Neste sentido, FUNDACIÓN EROSKI reparte os seus esforzos entre:
- A acción social, a través de convenios de colaboración co terceiro sector.
- Actividades de sensibilización tanto a traballadores como a consumidores e amigos da FUNDACIÓN (actividade xa descrita en capítulos anteriores).
- Convocatoria de Bolsas de estudo e Axudas á Investigación, nos campos de Bioética e Empresa, Nutrición e Saúde e Seguridade Alimentaria.
- Axuda á Cooperación Internacional que, ademais do Programa de Entrega de Produto, implica achegas para a promoción de cooperativas, comercio xusto e formación e capacitación de poboación vulnerable. Os proxectos que se presenten poden estar orientados ben á intervención directa en países empobrecidos, ou ben á sensibilización, concienciación, mobilización e educación para o desenvolvemento en países industrializados.
Axudas ao desenvolvemento
| (Cantidades destinadas) |
2005 |
2006 |
| Total Acción social |
1.860.317 euros |
1.756.000 euros |
| Programas de Intervención de Cooperación Internacional e Desenvolvemento (convocatoria anual) |
97.000 euros |
62.034,50 euros |
| Programa Entrega de produto |
804.247 euros |
601.012 euros |
| Alimentos entregados (Banco de Alimentos) |
159.298 Kg. |
220.275 Kg. |
| Cantidades destinadas a becas de estudo e axudas de Investigación (convocatoria anual) |
18.000 euros |
36.000 euros |