15.984 participantes elixiron mediante a campaña Voto Ecolóxico un proxecto a financiar por EROSKI. O proxecto máis votado foi contra o cambio climático: "CeroCO2".
En EROSKI queremos ser partícipes das inquietudes sociais das persoas que nos rodean. Por iso, desenvolvemos unha iniciativa pioneira no sector distribución, que permite a todos os nosos clientes, amigos e traballadores decidir o proxecto que financiará a FUNDACIÓN EROSKI.
Esta iniciativa chegou a 16.567 clientes, traballadores e amigos de FUNDACIÓN EROSKI, que emitiron o seu voto solidario elixindo o proxecto a financiar por EROSKI, resultou escollido o proxecto de UNICEF de pór en marcha 26 fogares maternos en Cuba.
Como novidade, en 2006, FUNDACIÓN EROSKI puxo en marcha a campaña Voto Ecolóxico, «Ti decides», mediante a que consumidores, traballadores e amigos da FUNDACIÓN puideron elixir o proxecto medioambiental que apoiar. 15.984 participantes elixiron o proxecto de loita contra o cambio climático CeroCO2 Iniciativa polo coidado do clima da Fundación Ecoloxía e Desenvolvemento.
| 2005 | 2006 | |
|---|---|---|
| Cantidade destinada voto solidario | - | 26.567 euros |
| Cantidade destinada voto ecolóxico | - | 25.984 euros |
Seccións da Memoria