Emprego de calidade
6.2 Beneficios sociais e medias de conciliación
6.2.1 Avances en prestacións sociais
Seguímonos esforzando en desenvolver medidas que se adapten ás necesidades dos nosos empregados. Somos a primeira empresa en igualar os dereitos laborais das parellas de feito.

En EROSKI iguálanse os dereitos das parellas de feito e avanzamos en prestacións sociais, que benefician maioritariamente a mulleres.
Nos dous últimos anos avanzamos en prestacións sociais, das que se benefician maioritariamente mulleres:
- Medidas de flexibilidade da xornada laboral que potencian os horarios continuos.
- Protocolo de actuación para lesións músculo-esqueléticas.
- Permisos para ausentarse do traballo para acompañar ao médico a familiares.
- Situacións de acoso: tratamento confidencial e acelerado a partir dun Protocolo de Prevención.
- Aplicación da lei en situacións de violencia de xénero, favorecendo o cambio de lugar de traballo, a tramitación de ausencias e faltas xustificadas e o cambio de postos.