Os desafíos dunha empresa diferente
ESTUDO DE CASO: Código ético
A nosa xestión ética inspírase nos valores recollidos no Código ético e compartidos por toda a organización.
Cooperación: propietarios e protagonistas
O principio de propiedade dos membros da organización resulta tanto unha esixencia como un dereito. A figura de socio se equipara á de accionista, asumindo todas as responsabilidades derivadas da propiedade do capital.
Fomentamos a igualdade de oportunidades entre todos os que forman parte do proxecto empresarial, así como a formación integral e permanente das persoas xuntando potencialidades profesionais e o desenvolvemento persoal. Proporcionamos un lugar de traballo saudable e seguro para todos.
Participación: compromiso na xestión
Afondamos no esencial e diferenciador do modelo socio-empresarial cooperativo coa participación dos seus membros en tres ámbitos: capital, resultados e xestión, afondando na satisfacción e sentido de pertenza das persoas e promovendo a xeración de emprego de calidade.
A participación articúlase nos tres niveis da xestión empresarial:
- Xestión: todos os socios intervimos na planificación anual dos obxectivos propios, da unidade e globais da empresa.
- Resultados: asumimos as responsabilidades que se orixinan da xestión empresarial, incluídas as consecuencias económicas derivadas dos resultados económicos acadados pola empresa, que repercuten nos capitais achegados polos socios.
- Capital: a contribución por parte dos socios de capital a risco posibilita e xustifica a plena integración na xestión empresarial mediante a participación nos seus órganos de xestión.
Fomentamos a igualdade de oportunidades entre todos os que forman parte do proxecto empresarial, así como a formación integral e permanente das persoas.
Responsabilidade social
Implica solidariedade na creación de emprego alí onde o GRUPO opera, distribución solidaria da riqueza e implicación no entorno.
- Promovemos unha cultura que recoñeza a importancia do entorno social para o logro dos seus obxectivos empresariais e, polo tanto, que desenvolva os seus compromisos dunha forma consecuente.
- Facemos compatible a eficacia do negocio co desenvolvementos sostible, considerando as interaccións dos nosos produtos, servizos e/ou actividades con todas as partes interesadas, o que inclúe tanto ao colectivo de persoas como ao entorno no que opera.
- A mellora e o respecto ao medio ambiente constitúen outra faceta do compromiso social que esixe facer compatible o desenvolvemento empresarial coa protección do medio.
- A transparencia como un compromiso e como un criterio permanente na comunicación.
Innovación, renovación permanente
E todo isto nun marco de xestión ética suxeita ao criterio de mellora continua, promovendo a participación, o compromiso e o apoio aos traballadores, aos consumidores e ao entorno.
Valor consumidor
A integración na xestión ordinaria da defensa da saúde e seguridade dos consumidores a través dunha oferta de produtos sans, seguros e saudables, e cunha información transparente, útil e completa.
Por tanto, GRUPO EROSKI comprométese a:
- Cumprir a lexislación e a normativa laboral e cooperativa vixente, así como todos aqueles compromisos que o GRUPO subscriba.
- Implantar e manter un sistema de xestión ético eficaz, que se constitúa nun elemento integrador e dinamizador da xestión da organización.
- Mellorar continuamente o comportamento ético da organización.
- Desenvolver unha cultura de responsabilidade social entre todas as persoas que forman parte do proxecto GRUPO EROSKI e no seu ambiente.
- Apoiar e respectar a protección dos dereitos humanos proclamados no ámbito internacional.
Para lograr os obxectivos sinalados, GRUPO EROSKI tomou as medidas necesarias na aplicación das seguintes actuacións:
A mellora e o respecto ao medio ambiente esixen facer compatible o desenvolvemento empresarial coa protección do medio.
- Incluir la gestión ética entre los objetivos principales de la dirección.
- Asumir e contribuír á mellora continua dos niveis de responsabilidade social recollidos na lexislación.
- Verificar, a través de indicadores, a conduta ética da organización para definir as áreas de actividade necesitadas de mellora.
- Fixar obxectivos de mellora na xestión ética e elaborar e adoptar plans para a súa consecución.
- Formar e informar adecuadamente a todas as persoas involucradas na aplicación do sistema de xestión e promover a adopción de boas prácticas de responsabilidade social.
- Informar adecuadamente sobre o código ético adoptado a provedores e subcontratistas, creando mecanismos para a transferencia do coñecemento sobre a responsabilidade social.
- Atender ás partes interesadas externas (consumidores, comunidades de veciños, Administración, clientes, provedores, etc.) en tanto que se interesen polo noso comportamento social.
- Comunicar á sociedade aberta e eficazmente o seu código, as súas normas e o cumprimento dos seus obxectivos.