A cooperativa estrutúrase en dúas comunidades: a de socios de consumo e a de socios de traballo. Ambas as dúas organízanse internamente segundo o Regulamento de Réxime Interno Cooperativo. Os primeiros constitúense en Comités Consumeristas Locais, cuxas presidencias integran o Comité Consumerista, órgano de consulta e asesoramento do órgano de goberno. Pola súa banda, o réxime laboral dos socios de traballo queda aprobado polo consello reitor.
Constituída polos Delegados en representación dos socios, é o órgano supremo de expresión da vontade social dos propietarios. Son un máximo de 500, dos cales un 50% corresponde a delegados de socios de consumo e o outro 50% aos de traballo. Adóptase a figura de Xuntas preparatorias co fin de garantir mellores canles de participación dos socios que, entre outras funcións, deberán elixir os Delegados.
É o órgano de goberno, xestión e representación da sociedade cooperativa. A Presidencia serao tamén da Cooperativa. Está composto por 12 titulares elixidos pola Asemblea por catro anos, e están representados a partes iguais socios de consumo e de traballo. Poderá designar no seu seo unha Comisión Permanente que contará, ao igual que o Consello Reitor, coa asistencia, con voz pero sen voto, da Dirección Xeral, o Consello de Dirección e outros cargos técnicos.
É un órgano composto por socios de traballo cuxa función é contribuír a unha adecuada xestión das materias relacionadas con estes pola súa condición de traballadores. Está composto por un máximo de 16 e un mínimo de 12 persoas electas, ademais da Presidencia do Consello Reitor e a Dirección Social (con voz, pero sen voto). Para unha mellor consecución dos seus obxectivos, o Consello Social está dotado de Comisións Delegadas definidas para cada demarcación.
É o órgano de goberno, xestión e representación da sociedade cooperativa. Composto por 12 titulares elixidos pola Asemblea.
É un órgano de consulta e asesoramento do Consello Reitor nos aspectos que fan referencia ao consumidor. Como resposta á problemáticas de cada localidade, constitúense os Comités Consumeristas Locais.
A Asemblea en votación secreta designa aos seus tres compoñentes, dous socios de consumo e un de traballo. As súas funcións son de natureza fiscalizadora en relación co funcionamento dos órganos sociais, auditorías e resto de sistemas de control da cooperativa.
Ten a función de tramitar e resolver os recursos presentados polos socios. Está composto por cinco persoas, tres traballadores e dous consumidores, elixidos en votación secreta pola Asemblea. O posto será incompatible con calquera cargo electo da Cooperativa ou relación laboral. Ás súas reunións asiste o Presidente do Consello Reitor. Non poderán tomar parte na tramitación e resolución dos recursos aqueles compoñentes que teñan, respecto do socio afectado, parentesco de consanguinidade ou de afinidade ata o segundo grao, vínculos de subordinación, amizade íntima ou enemizade manifiesta.
Está formado por 21 conselleiros, entre os que están todos os membros do Consello Reitor, e o seu Presidente é o do GRUPO EROSKI. Ten a función de, por delegación da sociedade matriz, nomear os cargos, formular e aprobar plans, e fixar as liñas de xestión e orzamentos para o conxunto das empresas e negocios que compoñen o GRUPO EROSKI.
| 2004 | 2005 | 2006 | |
|---|---|---|---|
| Nº socios de consumo participantes en xuntas | 7.727 | 5.837 | 60.25 |
| Nº socios de traballo participantes en xuntas | 6.864 | 5.427 | 5.497 |
| CONSELLO RECTOR |
|---|
Seis conselleiros socios de traballo e seis conselleiros socios de consumo. A metade deles
debe renovarse cada dous anos.
|
| ASEMBLEA XERAL |
|
| XUNTAS PREPARATORIAS |
|
| CONSELLO XERAL * | CONSELLO CONSUMERISTA |
|---|---|
|
|
| COMISIÓNS DELEGADAS | COMITÉS LOCAIS |
|
|
| SOCIOS DE TRABALLO | SOCIOS DE CONSUMO |
|
|
* Segundo recóllese no Art. 59 dos Estatutos, o Consello Social é o órgano competente para contribuír a unha adecuada xestión das materias relacionadas cos socios de traballo. Ten as súas tarefas:
Seccións da Memoria