Os desafíos dunha empresa diferente
1.1 Modelo empresarial
1.1.1 Cultura e identidade
Un modelo de empresa...
- ... que se preocupa polo consumidor e é referente en información para a vida cotiá.
- ... no que consumidores e traballadores son socios do proxecto, con protagonismo propio no réxime societario e na xestión.
- ... que integra as personas e propicia o seu desenvolvemento persoal e profesional.
- ... que busca obter os beneficios que posibiliten un crecemento xerador de riqueza, para distribuílos, con compromiso de solidariedade cos socios, os traballadores e a comunidade.
GRUPO EROSKI é unha entidade na que os asuntos económicos e sociais se combinan en perfecta harmonía. Esta definición recóllese na súa misión empresarial e confire notable singularidade á súa andadura.
Detrás da declaración de principios que ditan a nosa maneira de actuar, reside o carácter cooperativo de GRUPO EROSKI. Os traballadores e consumidores, en representación da propiedade, integran o máximo órgano de goberno, de maneira que as decisións emanan combinando sensibilidades e superando as relacións convencionais entre empresa, traballadores e clientes.
Móvenos a calidade a prezos competitivos e queremos distinguirnos por presentar unha tenda impecable, familiar e moderna, ofrecendo solucións útiles. Ademais, a través dos nosos produtos e actividades, concretamos o noso compromiso coa promoción dun consumo e uns hábitos de vida saudables.
Considerámonos membros responsables da comunidade, polo que, xunto coa defensa dos intereses dos consumidores, promovemos iniciativas dirixidas á protección do medio ambiente, á información ao consumidor e á solidariedade. Para isto, anualmente destinamos o 10% dos beneficios a estes fins, parte dos cales xestiona FUNDACIÓN EROSKI.
Misión
Anualmente destinamos o 10% dos beneficios á protección do medio ambiente, á información ao consumidor e á solidariedade.
Somos un GRUPO de distribución de produtos e servizos de gran consumo. Como expresión da nosa responsabilidade social queremos:
- Achegar solucións satisfactorias aos clientes mediante a innovación permanente.
- Crear un proxecto e un modelo de empresa integradora de personas.
- Promover o desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores.
- Acadar posicións de liderato no mercado español.
- Obter os beneficios que posibiliten un crecemento xerador de riqueza.
- Distribuír os resultados nun marco de cooperación e de participación societaria.
- Comprometernos na defensa dos consumidores.
- Promover o respecto e a xestión favorables ao medio ambiente.
- Contribuír á mellora da comunidade onde actuamos.
Valores
- Cooperación. Os traballadores somos propietarios e protagonistas.
- Participación. Os traballadores participan no capital, na xestión e nos resultados.
- Responsabilidade social. A nosa actividade inflúe no entorno máis próximo, coa mellora do que nos sentimos solidarios.
- Innovación. A renovación permanente e a busca constante de novas opcións son condicións necesarias para o progreso empresarial.
- Valor consumidor. Defensa da saúde e a seguridade dos consumidores a través da oferta e a información.