Ir ao contido

Memoria Responsabilidade Social 2005-2006 FUNDACIÓN EROSKI

Menú de descarga da memoria en pdf

Descargar memoria en pdf

Menú de selección de idioma

Indicación da localización do contido

  • Portada >
    • Sociedade e medio ambiente na cadea de valor >
      • 5.1 Enfoque de xestión

Sociedade e medio ambiente na cadea de valor

Opcións de visualización e imprimir

  • Enviar a outra persoa

5.1 Enfoque de xestión

O noso compromiso co medio ambiente, a saúde e a solidariedade non só se aplica internamente. Baixo o paraugas do sistema de xestión ético e o ECOPLAN, cooperamos con toda a cadea de valor mediante programas dirixidos a consumidores, clientes e provedores.

Certificación ambiental de Artea

O hipermercado EROSKI de Artea dispón da certificación de xestión ambiental ISO 14001 desde o ano 2000. A monitorización dos datos en Artea é a base para as estimacións de consumos, emisións, vertidos e xeración de residuos no resto de puntos de venda. Ademais, converteuse no «laboratorio» para a mellora ambiental da rede comercial, servindo de centro de pilotaxe de iniciativas como as descritas nesta memoria e nas edicións anteriores.

Procesos internos

Integrado de maneira horizontal ao longo de toda a organización, o noso compromiso ambiental materialízase a través de programas de xestión centrados en diminuír as emisións con efecto invernadoiro, o consumo de recursos e a xeración de residuos, ademais da conservación da biodiversidade.

No aspecto social, a xestión interna vai dirixida aos nosos traballadores, centrada en políticas e programas de non discriminación, promoción de inserción de minorías, prevención de riscos laborais, promoción da participación na toma de decisións e fomento da empregabilidade e satisfacción persoal. Os resultados do noso esforzo quedan amplamente recollidos nos capítulos 6 e 7 desta memoria.

Consumidores y clientes

Ademais de poñer á súa disposición produtos responsables, tal e como se describe no capítulo anterior, queremos inculcar os nosos valores a través dunha grande variedade de actividades xestionadas desde FUNDACIÓN EROSKI e dirixidas a informar, fomentar os hábitos de vida saudables, a sensibilización ambiental e a solidariedade.

A extensión da responsabilidade ambiental cara a sociedade canalízase a través de actividades nos propios puntos de venda, como conferencias de expertos ou campañas apoiadas por postos, coleccionables e folletos.

As accións transcenden dos clientes á xeralidade dos consumidores mediante os soportes informativos en Internet e os dirixidos aos socios-amigos de FUNDACIÓN EROSKI.

Os nosos provedores

Establecemos acordos con sindicatos e fabricantes de produtos que poidan promover o progreso no ámbito local e rexional. Ademais, dispoñemos de políticas internas dirixidas a lograr prácticas socialmente responsables centradas na defensa dos dereitos humanos, a solidariedade e o respecto ao medio ambiente.

A esixencia de certificados de procedencia legal e sostible dos produtos é unha tendencia crecente que compartimos con Intercoop, a plataforma internacional de compras de Non Food. Antes de ser dados de alta como provedores, remíteselles o Código ético, que recolle estes principios e que está sometido a auditorías. A tarefa deseñada e xestionada desde o Comité Ético non abarca só ás marcas propias, senón a toda a central de compras.

Seccións da Memoria

Menú con outros recursos desta páxina