A nosa contribución máis significativa ao cambio climático débese ao consumo de enerxía e, en menor medida, á fuga de gases refrixerantes e de combustibles en gasolineiras.
O noso compromiso co medio ambiente, a saúde e a solidariedade aplícase tamén a toda a cadea de valor: consumidores, clientes e provedores.
Respecto ao consumo de electricidade, pode dicirse que os hipermercados son os máis intensivos. A súa monitorización no hipermercado de Artea permítenos extrapolar e, desta maneira, calcular o consumo total de todos os hipermercados. Nestes dous últimos anos viuse incrementado debido ao aumento da temperatura na sala de vendas con fin de ofrecer un maior confort aos clientes.
En canto á contribución da actividade loxística, queda amplamente descrita no apartado «Compromiso co cambio climático», neste mesmo capítulo.
| 2005 | 2006 | Variación 2006 | |
|---|---|---|---|
| Consumo electricidade (kWh)* | 178.158.481 | 199.101.601 | +3,95% |
Asúmese que 1 KWh equivale a 0,0036 GJ.
Seccións da Memoria